jueves, 24 de mayo de 2018

¡MIA E BREIXO XA TEÑEN 5 ANOS!

Mia e Breixo cumpliron 5 anos e quixeros festexalo na escola con todos, polo que fixemos unha pequena festa e como non, a coroación dos 5 anos. ¡Xa teñen unha man enteira de idade!¡Qué maiores!
¡Parabéns rapaces!




OBRADOIRO GALEGARTE (LETRAS GALEGAS 2018)

O pasado Mércores 16 de Maio, e como colofón á Semana Cultura, o alumnado de 5º e 6º de E.I. celebramos no centro e por adiantado o día das Letras Galegas, adicado este ano a Mª Victoria Moreno.
Tras ler algún dos seus contos na aula e ver traballos realizados por nenos e nenas doutros centros decidimos realizar un obradoiro artístico.
No noso caso decantámonos por empezar a deixar impresa "a nosa pegada" bailando ao ritmo da música do grupo galego Migallas. Foi unha experiencia moi bonita e interesante. Agardamos que desfrutedes do vídeo tanto coma nós desfrutamos do obradoiro. 

Lembrade que podedes ver fotos e vídeos de todas as actividades levadas a cabo na Semana Cultural no blog de Leonarda:
http://normalizacionebiblioteca.blogspot.com.es/


domingo, 29 de abril de 2018

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

O alumnado de Educación Infantil asistiu na semana do libro a un obradoiro de ilustración no que John Davison ademais de contarlles un conto de Maisy en Inglés ensinoulles a debuxala.  

Dende o blog queremos agradecer tanto a John como á mestra Marta Prado por contar connosco para esta actividade que tanto lles gustou. ¡¡Grazas!!

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de Abril con motivo da celebración do Día do Libro levouse a cabo no centro o "Apadriñamento lector" no que un alumno ou alumna dos cursos superiores len un conto, elixidos por eles mesmos, aos seus apadriñados.

Foi un día marabilloso, cheo de ledicia e emoción no que grandes e pequenos gozaron da lectura en boa compañía.


¡OUTRO ALMORZO SAUDABLE!

Dende o noso centro fomentamos a Educación para a Saúde con diversas rutinas e actividades levadas a cabo ao longo de todo o curso, e como ben sabedes unha das favoritas dos nenos e nenas é a do Almorzo Saudable na que todo o alumnado de Educación Infantil realiza a degustación dun almorzo completo na escola e dende o blog agardamos que gocedes das fotos tanto coma eles fixeron con esta experiencia. 









martes, 10 de abril de 2018

OBRADOIRO DE PINTURA CON CREMA DE CACAO

Tras unha ausencia prolongada debida a problemas técnicos unidos ás vacacións de Semana Santa e ao final do trimestre estamos de volta co video recopilatorio das fotos que fixemos durante o Obradoiro de pintura con crema de cacao. 
Foi unha experiencia moi divertida e saborosa... ¡Agardamos que vos guste tanto coma a eles!


lunes, 5 de marzo de 2018

TRABALLO COOPERATIVO

Como ben sabedes no noso centro estamos introducindo en todas as aulas o traballo cooperativo xa que consideramos que é necesario que os nenos e nenas saiban desenvolverse no traballo en equipo, respectando e aprendendo das aportacións dos compañeiros e perdendo o medo a realizar as súas propias achegas ao grupo.  

Hoxe queremos deixarvos unhas imaxes nas que estamos traballando na aula a técnica do Folio Xiratorio, aproveitando os nosos coñecementos sobre os inventos de Leonardo Da Vinci para poder descubrir canto aprendimos e sabemos entre todos.